BLOG DE MÚSICA DE 2º ESO MARTÍNEZ OTERO

Benvidos ao blog musical de 2º ESO.

lunes, 16 de junio de 2014

BEATLES E OUTROS GRUPOS BRITÁNICOS

OS BEATLES

* Nacen nun pub de Liverpool que se chamaba "the Cavern". Era un grupo, orixinalmente chamado "The Quarrymen", logo "the Silver Beatles", formado por John Lennon (Guitarra, compositor), Paul McCartney( Baixo, compositor), George Harrison (Guitarra, arreglista, compositor) e Richard Starkey, máis coñecido como Ringo Starr (Batería, compositor).  Algúns consideran un 5º beatle: Brian Epstein, mánager.
* As primeiras noticias sobre eles podíanse ler nas páxinas de sucesos dos xornais debido ós disturbios que provocaban as súas actuacións.
* Da súa canción "She loves you", nace o término "Ye-Ye" que englobaba a tódolos xóvenes que disfrutaban con este tipos de música e que ofrecía unha imaxe de melenas longas, roupas informais...

* Conseguiron colocar cinco das súas cancións nos cinco primeiros lugares de Hit Parade dos EEUU.
* A súa canción "Yesterday" foi versioneada oficialmente máisde 2000 veces.
* Desde o ano 62 ata o 70 (ano da súa separación) cada un dos seus discos foi un acontecemento mundial. En España editáronse quince  Lps, sen conta-las numerosas recopilacións posteriores.
* Os Beatles souberon evolucionar adaptándose ós tempos, entre as súas composicións podemos encontrar psicodelia, rock sinfónico, fusión, letras sociais...



7.2.4..- OUTROS GRUPOS BRITÁNICOS

* The Animals: Casa del sol naciente.


* The Rolling Stones.- Mick Jagger, Brian Jonhs, Keith Richard, Bill Wyman, Charlie Watts, representan a cara máis agresiva do rock británico da época.


* Iron Butterfly.- Unha primeira incursión no rock duro. In a gadda-da-vida



* A partir destes  grupos, (Beatles e Rollings, fundamentalmente) nacen un montón de  grupos que fan o mesmo estilo de música, desde os Moody Blues (que popularizarían o rock sinfónico) ata os Bravos en España (Black is Black). 


ROCK & ROLL: 1ª ONDA, ANOS 50


* "Rebelde sin causa" con James Dean, os pantalóns vaqueiros e o Rock & Roll (R&R), convértense nas señas de identidade dos voves dos anos 50 - 60, desta música evolucionan moitas outras músicas posteriores: country, folk, soul, Filadelfia, reggae,  heavy...
* Nace despois da 2! Guerra Mundial, como búsqueda de identidade dos xoves desencantados polo final atómico da guerra, é, nun principio, unha fusión entre o rhytm & blues negro e o country blanco, convertíndose así na primeira música birracial.
* Elvis Presley e Chuck Berry foron nesta época os seus máximos expoñentes.
* Outros autores importantes foron:
- BILL HALLEY.- O pai do rockabilly.
- JERRY LEE LEWIS.- Home espectáculo ante o piano, autor de "Greats balls of fire"
- RITCHIE VALENS.- Autor de "La Bamba"
- BEACH BOYS.- Rock e surf formaron desde sempre unha combinación explosiva.


- FATS DOMINO.- Obtivo 18 discos de ouro.
- LITTLE RICHARD.- Autor de éxitos como "La plaga", "Tutti Frutti"...
- CHUBBY  CHEKKER.- O pai do twist.
* Nos anos 60 prodúcense unha serie de feitos que fan que o poderío do R&R se tambalee:
* Elvis ten que irse a Alemania facer a mili.
* Chuck Berry ingresa en prisión por un asunto de dorgas.
* Buddy Holly, Ritchie Valens e Big Hopper morren en accidente.
* Jerry Lee Lewis protagoniza un escándalo social ó casar cunha rapaza de 13 anos.


JAZZ: XERALIDADES

* Nace en Nova Orleans, á altura do ano 1890. A palabra procede de "jass music": música de burdel


* Ten como orixe os cantos de traballo ou espirituais dos escravos negros en Norteamérica; os "spiritual black", que nun principio eran formas de pasárense consignas de liberdade entre os escravos, foron evolucionando ata dar lugar a unha música totalmente espontánea e creativa.
* Ten como base a improvisación ou variacións sobre un determinado tema.
* O máis importante é a liberdade creadora, predominando sempre o intérprete sobre o compositor.
* A escritura musical só é un apoio: unha mesma peza pode ser interpretada de miles de formas diferentes, dependendo do instrumentista, do instrumento, do estado de ánimo, do público presente...
* O jazz ten pleno sentido como reunión social presidida pola música (JAM SESSION).
* Supón a consagración definitiva de instrumentos tan famosos como o saxofón, o trombón de varas ou o clarinete.
* A pesar da súa orixe non podemos dicir que o jazz sexa unha música negra, a pesar de que os seus creadores máis representativos sexan de raza negra.
Benny Goodman           Ella Fitzerald                 Stephan Grappelli
Louis Armstrong          Aretha Franklin            West Montgomery
Count Basie                  Glenn Miller                           Dizzly Gillespie
Charlie Parker               Stan Getz                      Sarah Vaughan
Billie Holliday               Pedro Iturralde              Tete Montoliu
.........    ..........     ................   ...............    .......................................

7.1.1.- OS XÉNEROS DO JAZZ

BLUES:      * Lamento, morriña, lembranza...
* Canto solitario, reivindicativo, ó mesmo tempo que resignado e espontáneo.
* O 1º blues oficial foi o "Memphis blues" que era un canto que apoiaba unha campaña electoral en 1909.
* B.B. King



DIXIELAND:      * Improvisación colectiva: "Tiger Rag". Louis Armstrong


NOVA ORLEANS: Moi semellante á música comercial da época.

BOOGIE - WOOGIE:
* A melodía nace sobre un esquema rítmico insinuado polos baixos, fundamentalmente tócase ó piano.


SWING:      * Grandes orquestas nas que se lle daba gran importancia á sección rítmica.

* Benny Goodmann,  Gene Krupa, Benny Carter, Count Basie, Glenn Miller...



BEBOP:      * Música non comercial, teñen gran importancia os instrumentos de percusión
* Dizzly Gillespie, Charlie Parker.

COOL:        * A harmonía desempeña un papel importantísimo.
* Miles Davis, Gerry Mulligan, John Coltrane.

SOUL:        * "Alma", nace da necesidade de identidade racial dos negros.
* Otis Reeding, Ben E. King, Percy Sledge.


FREE - JAZZ:
* Jazz libre, o jazz dos últimos tempos, é unha mestura de tódolos estilos anteriormente citados, inorpóranse novos instrumentos, novos ritmos, dase a fusión con outras músicas...

* Stephan Grappelli (violinista)