* Nace da
interacción entre o rock e algunhas músicas tradicionais americanas, por
exemplo o country.
* Joan Baez,
Bob Dylan e Leonard Cohen son as figuras máis sobresaíntes.
* Foi unha das
forzas sociais da década dos '60, coas súas letras denuncian a inxusticia, as
guerras, a incomprensión, a intolerancia, a incomunicación...
* Nas súas
letras destacan dous temas estrela: O movemento contra a segregación racial dos
estados do sur e a guerra de Vietnam.
* Aquí nace o
término canción protesta ou canción social, en España os seus máximos
expoñentes foron: Raimon, J.M. Serrat, Paco Ibáñez... En latinoamérica, nomes
como Víctor Jara, Carlos Puebla, Quilapayún... soaban con forza.