BLOG DE MÚSICA DE 2º ESO MARTÍNEZ OTERO

Benvidos ao blog musical de 2º ESO.

lunes, 16 de junio de 2014

JAZZ: XERALIDADES

* Nace en Nova Orleans, á altura do ano 1890. A palabra procede de "jass music": música de burdel


* Ten como orixe os cantos de traballo ou espirituais dos escravos negros en Norteamérica; os "spiritual black", que nun principio eran formas de pasárense consignas de liberdade entre os escravos, foron evolucionando ata dar lugar a unha música totalmente espontánea e creativa.
* Ten como base a improvisación ou variacións sobre un determinado tema.
* O máis importante é a liberdade creadora, predominando sempre o intérprete sobre o compositor.
* A escritura musical só é un apoio: unha mesma peza pode ser interpretada de miles de formas diferentes, dependendo do instrumentista, do instrumento, do estado de ánimo, do público presente...
* O jazz ten pleno sentido como reunión social presidida pola música (JAM SESSION).
* Supón a consagración definitiva de instrumentos tan famosos como o saxofón, o trombón de varas ou o clarinete.
* A pesar da súa orixe non podemos dicir que o jazz sexa unha música negra, a pesar de que os seus creadores máis representativos sexan de raza negra.
Benny Goodman           Ella Fitzerald                 Stephan Grappelli
Louis Armstrong          Aretha Franklin            West Montgomery
Count Basie                  Glenn Miller                           Dizzly Gillespie
Charlie Parker               Stan Getz                      Sarah Vaughan
Billie Holliday               Pedro Iturralde              Tete Montoliu
.........    ..........     ................   ...............    .......................................

7.1.1.- OS XÉNEROS DO JAZZ

BLUES:      * Lamento, morriña, lembranza...
* Canto solitario, reivindicativo, ó mesmo tempo que resignado e espontáneo.
* O 1º blues oficial foi o "Memphis blues" que era un canto que apoiaba unha campaña electoral en 1909.
* B.B. King



DIXIELAND:      * Improvisación colectiva: "Tiger Rag". Louis Armstrong


NOVA ORLEANS: Moi semellante á música comercial da época.

BOOGIE - WOOGIE:
* A melodía nace sobre un esquema rítmico insinuado polos baixos, fundamentalmente tócase ó piano.


SWING:      * Grandes orquestas nas que se lle daba gran importancia á sección rítmica.

* Benny Goodmann,  Gene Krupa, Benny Carter, Count Basie, Glenn Miller...



BEBOP:      * Música non comercial, teñen gran importancia os instrumentos de percusión
* Dizzly Gillespie, Charlie Parker.

COOL:        * A harmonía desempeña un papel importantísimo.
* Miles Davis, Gerry Mulligan, John Coltrane.

SOUL:        * "Alma", nace da necesidade de identidade racial dos negros.
* Otis Reeding, Ben E. King, Percy Sledge.


FREE - JAZZ:
* Jazz libre, o jazz dos últimos tempos, é unha mestura de tódolos estilos anteriormente citados, inorpóranse novos instrumentos, novos ritmos, dase a fusión con outras músicas...

* Stephan Grappelli (violinista)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.