BLOG DE MÚSICA DE 2º ESO MARTÍNEZ OTERO

Benvidos ao blog musical de 2º ESO.

viernes, 9 de marzo de 2012

RESPOSTA AMERICANA AO FENÓMENO BEATLE

A RESPOSTA AMERICANA

* Chega da man de varios movementos que se producen simultaneamente no tempo:
Música Chicle.- Totalmente fácil e comercial, non tivo demasiada incidencia xa que en moitas ocasións os grupos eran só imaxe, as gravacións eran feitas por músicos de estudio, 
Os Archies (Sugar, sugar) ou os Monkees (I'm a believer),poden ser un exemplo deste tipo de música .




Soul.- Moita máis consistencia cá anterior, nace da man dunha gran empresa discográfica, a MOTOWN, nomes como Smokey Robinson, Las Supremes (Diana Ross), "Little" Stevie Wonder, Otis Reding, Ray Charles, Ike and Tina Turner..., deron á música títulos que aínda hoxe se seguen versioneando, e moitos deses autores que naceron como músicos de jazz, aínda están en activo.



Psicodelia.- A marihuana, o LSD e outras drogas fan mella nos músicos da época, dando lugar a un movemento no que as composicións trataban de reflexa-los efectos destas drogas.


Hippies.- Nacen como resposta a un mundo cada vez máis agresivo, son os "fillos das flores", pacifistas a ultranza, discípulos da non violencia de Gandhi. Un grupo importante: The mamas and the papas.


Hair.- É un movemento que produciu grandes óperas rock que trataban temas sociais: Hair, Jesucristo Superstar...


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.